Centro de Interpretación Terras do Miño

Proxecto que inclúe a creación de identidade, comunicación e organización de actividades para o Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” en Lugo. Programamos cursos de cociña infantil saudable, de construción de xoguetes naturais e tamén un encontro de cociña solar.

Xunto coa creación do logotipo durante o periodo 2014-2017 editamos postais publicitarias cada trimestre coas actividades divulgativas.