Centenario Celso Emilio Ferreiro
O 4 de xaneiro de 2012 representa unha data memorable para a cultura galega. Cúmprense 100 anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o gran poeta celanovés que elevou as nosas letras ao máis alto nivel dentro e fóra das nosas fronteiras.
Coincidindo con este aniversario, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade que declara o 2012 Ano Celso Emilio Ferreiro.
Celebramos a figura e obra do poeta aproximando o seu espírito á cidadanía do século XXI. Desde Ouvirmos presentamos unhas actividades innovadoras a integrar no conxunto de actos programados polos organismos oficiais e a sociedade civil para conmemorar o seu centenario. Unhas propostas que aspiran a reforzar o vínculo entre o escritor e novos públicos para a sua obra poética.
Deseñamos as seguintes actividades para a celebración do Ano Celso Emilio Ferreiro:
Cen poemas en Celanova, unha proposta que parte da selección de cen estrofas de cen poemas de Celso Emilio, que se exhibirán nos escaparates de cen establementos públicos e privados de Celanova durante todo o ano 2012, e que servirán tamén de base para un xogo literario destinado aos escolares que visitan a Casa dos Poetas. Para esta actividade editouse un mapa-guía coa localización dos cen establecementos e un libro de corta tirada.
Páxina web oficial www.celsoemilioferreiro.org, na que se fai un percorrido pola vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro e se recollen, entre outras cousas, imaxes do seu album persoal, arquivos sonoros coa súa voz e a discografía inspirada nos seus poemas.
Punto de información multimedia Celso Emilio Ferreiro, para bibliotecas e centros de ensino, que mostra unha novidosa biografía en formato multimedia construída con textos, imaxes, fetiches, sons e a propia voz do poeta celanovés.
Folleto para buzoneo Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro nas 28 rúas galegas que levan o nome do poeta. Aquí podes ver e descargar o Folleto.
Unidade didáctica dixital sobre Celso Emilio Ferreiro desenvolvida para o proxecto Abalar e dirixida ao alumnado de primaria e secundaria. A unidade didáctica sobre Celso Emilio Ferreiro está accesible na web do Espazo Abalar