Obradoiros de xoguetes naturais

Programamos obradoiros de xoguetes naturais nos anos 2014 e 2015 nos que os máis cativos aprenderon a construír os seus propios xoguetes con elementos da natureza. Follas, herbas, flores… todo tipo de materiais que forman parte da nosa contorna e que podemos transformar nun guerreiro de landra, nun gorro de follas de castiñeiro ou nunha boneca de papoula, entre outras.

Estes talleres están inspirados nos libros Xoguetes naturais. Primavera-Verán e Xoguetes naturais. Outono-Inverno, e son impartidos polos propios autores Xosé López González e José M. García Fernández, dous expertos na materia que levan dedicados moitos anos a investigar sobre esta área do noso patrimonio cultural.