Xoguetes Naturais. 5 Vídeo Titoriais

“Xoguetes naturais” é unha coleción de 5 vídeos titoriais que nace coa vontade de ser o primeiro ciclo de vídeos ilustrativos para aprender a facer xoguetes tradicionais. Titoriais que nos ensinarán como realizar paso a paso 5 xoguetes con elementos da natureza: follas, herbas, flores, madeiras, froitos… Detrás de todas estas “argalladas”, atopamos un forte compromiso coa defensa do medio ambiente, pero sobre todo un devezo profundo de recuperación e posta en valor do xoguete popular e tradicional. Unha reactualización dos contidos e das técnicas construtivas mostradas en formatos do século XXI.

Estes vídeo titoriais están inspirados nos libros Xoguetes naturais. Primavera-Verán e Xoguetes naturais. Outono-Inverno da editorial Ouvirmos e dos que son autores Xosé López González e José M. García Fernández, dous expertos na materia que levan dedicados moitos anos a investigar sobre esta área do noso patrimonio cultural. Estes dous libros foron publicados por Ouvirmos no ano 2014. A realización técnica dos vídeos correu a cargo de Ángeles Díaz Seoane e o proxecto foi realizado para o Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 para a Rede de Bibliotecas de Galicia en Outubro de 2020.

ESTRALOQUE DE CARDO

LANCHIÑA DE CASCA

RINRÁN DE NOZ

CATAVENTOS

MUÍÑO