Cidade da Cultura. Coordinación e programación de actividades

Ouvirmos é a empresa gañadora do concurso público convocado pola Fundación Cidade da Cultura para facerse cargo do servizo de coordinación e programación de actividades culturais da Cidade da Cultura de Galicia. Desde setembro do 2017 e ata a actualidade, encargámonos da elaboración, redacción e execución de propostas de programas de intervención cultural, sociocultural, de difusión, artísticos, de creación e innovación cultural, concertos, recitais, conferencias, proxeccións, talleres, actividades museísticas e/ou teatrais, de acordo co calendario e coas directrices sinaladas polo Departamento de Acción Cultural da Fundación.

Así mesmo somos responsables da coordinación, seguimento, dinamización e execución dos programas aprobados polo órgano de contratación da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, así como da interlocución coa Xerencia e Dirección de Acción Cultural.

Fotos: Cidade da Cultura de Galicia