Culturminho

Organizamos o “Culturminho. 1º Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo” para a Deputación de Pontevedra. Un foro que tivo lugar entre os días 6 e 9 de outubro de 2020 e que se converteu en lugar de encontro e debate entre axentes profesionais e o público interesado na produción cultural nun territorio transfronteirizo que abrangue 26 concellos galegos e portugueses.

Este foro, en formato dixital, contou con 4 mesas de debate que deron voz a relatores chegados das dúas marxes do Miño, entre eles, o Festival de Cans, o Play-Doc, Ponte nas Ondas, Festival Ikfem e o Festival da poesía do Condado, pola parte galega; e pola parte portuguesa estiveron representadas iniciativas como a Bienal de Cerveira, o Festival Entre-margens, o Festival de Vilar de Mouros, Folk Monçao, a Casa das Artes de Arcos de Valdevéz, o Museo do Cinema de Melgaço, e o proxecto teatral das comedias do Minho.

O río Miño transfronteirizo é hoxe un espazo singular de creatividade e de xeración de iniciativas culturais innovadoras, compartidas entre ambas as marxes, como parte do desenvolvemento local transfronteirizo e Cultuminho quixo poñer en valor este potencial como un elemento de desenvolvemento socio-económico deste espazo común.