Xacobeo Peregrinas
Xacobeo Peregrinas é un ciclo de conversas con expertas en diferentes disciplinas, impulsado pola Axencia de Turismo de Galicia co apoio da Fundación La Caixa, que ofrece unha visión diferente do turismo no país.
Desenvólvese en espazos acolledores das sete cidades galegas, situadas como rutas de atracción da sabedoría multidisciplinar ligadas ao Camiño de Santiago.
Os encontros de Xacobeo Peregrinas ofrecen unha visión do turismo centrada en mulleres destacadas que reflexionan sobre os desafíos contemporáneos de Galicia e a súa relación co territorio ao longo das rutas do Camiño de Santiago.
Neste proxecto, Ouvirmos asumiu a responsabilidade e tivo un papel integral na planificación, organización e execución de todos os aspectos loxísticos e de comunicación dos eventos do Xacobeo Peregrinas, garantindo que fosen exitosos e accesibles a un amplo público:
- Selección e Contratación de Convidadas e Artistas
- Selección de espazos para eventos
- Intérprete de lingua de signos
- Contratación de Azafata e Servizo de Anfitrioa
- Comunicación e Publicidade
- Creación do sitio web
OURENSE | 15 de decembro 2022 | Paraninfo IES Otero Pedrayo
- Lydia Del Olmo. Chef con Estrela Michelin
- Cristina Pato. Música, escritora, educadora e produtora
- Presentadora: Marta Gómez
FERROL | 25 de xaneiro 2023 | Museo de la Construcción Naval (EXPONAV)
- Ana Ares. Investigadora e docente
- María Canosa. Escritora, comunicadora e enxeñeira de camiños
- Paloma Lago. Modelo, presentadora e comunicadora
- Presentadora: Isabel Blanco
A CORUÑA | 24 de febreiro 2023 | Museo de Belas Artes
- Amparo Alonso. Catedrática especializada en intelixencia artificial
- Tamara Pazos. Bióloga e divulgadora científica
- Noelia Ramos. Emprendedora, editora do blog womantosantiago.com
- Presentadora: Isabel Blanco
LUGO | 23 de marzo 2023 | Casa do Saber
- Idoia Cuesta. Creadora téxtil
- Silvia Jato. Presentadora e modelo
- Carmen Lence. CEO do Grupo Leche Río
- Presentadora: Marta Gómez
VIGO | 27 de abril 2023 | Museo do Mar de Galicia
- Guadi Galego. Cantante, compositora, pianista e gaiteira
- Gabriela González. Directora de Comunicación e RSC de Vegalsa-Eroski
- Teresa Portela. Subcampeona Olímpica Piragüismo
- Presentadora: Marta Gómez
- Actuación musical a cargo de Guadi Galego
PONTEVEDRA | 25 de maio 2023 | Delegación da Xunta en Pontevedra
- Desirée Vila. Atleta paralímpica
- Amaranta Rodríguez. Directora e xefa de sala do restaurante Culler de Pau.
- María Fontán. Mariscadora e divulgadora
- Presentadora: Marta Gómez
- Actuación musical a cargo da violoncelista viguesa Margarida Mariño
SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22 de xuño 2023 | Museo das Peregrinacións e de Santiago
- Yaiza Canosa. Fundadora e CEO de GOI
- Patricia Pardo. Xornalista e presentadora
- Sara Torreiro. Responsable marketing e RSC de Casa Grande de Xanceda
- Presentadora: Marta Gómez
- Actuación musical a cargo da cantautora e produtora MJ Pérez