Mil Primaveras. Festival da Fantasía Cunqueiriana
O Festival Mil Primaveras (Mondoñedo, marzo 2023) foi o evento principal da Audacia Cultural (o segundo proxecto mellor valorado na convocatoria pública “Territorio Cultura – Next Generation 2022”). Unha aposta pola potencialidade das artes e do emprendemento desde o rural na procura de novos formatos, novos públicos e novas propostas deseñada, conceptualizada e producida por Ouvirmos SL.
Utilizando o fío conductor dunha feira inspirada na fantasía da literatura de Álvaro Cunqueiro, organizáronse unha serie de actividades que buscaban favorecer a innovación profesional, a creatividade e o emprendemento cultural no rural. Entre as actividades programadas durante o Festival Mil Primaveras cabe destacar:
- Escolas de escrita, teatro e audiovisual durante os meses de febreiro e marzo en Mondoñedo e Abadín
- Mercado da cultura e da fantasía con propostas locais e innovadoras (alimentación, libros, artesanía, etc.)
- Concerto de Amancio Prada na Catedral de Mondoñedo
- Itnerarios historico-musicais por Mondoñedo
- Actividades infantís (obradoiros, contacontos…)
- XII Encontro Galego de Postcrossing
- Teatro, mondólogos e proxeccións audiovisuais arredor da figura de Cunqueiro
- Conversas sobre a dinamización cultural no rural