Cabanas MMXXIII. Exposición en dúas sedes

En 2023 cumpríronse 70 anos do nacemento e 10 anos do falecemento do pintor Xaime Cabanas, data acaída para celebrar na Coruña, a súa cidade natal e vital, unha serie de actos que situaran a súa obra creativa no ideario colectivo coruñés.  Desde Ouvirmos impulsamos e coordenamos a grande exposición “Cabanas MMXXIII” que, dividida en dúas salas (Kiosco Alfonso e Palexco) e comisariada por Perico Vasco e Carlos Pita, centrou á homenaxe ao artista. Entre o 7 de febreiro e o 19 de marzo expuxéronse máis de 90 obras pictóricas de gran formato así como máis dun cento de bocetos e pequenas obras en papel e retratos do artista realizados por Juan Rodríguez, Xoan Piñón, Xurxo Lobato ou Vari Caramés entre outros. Visitas guiadas, obradoiros en familia, un programa escolar e a edición dun catálogo coa obra exposta completaron as actividades en torno á figura do pintor de Montealto.