Conexões – Conexións

Ouvirmos produciu un coloquio promovido pola Rede de Dinamización Lingüística en colabroación coa Juventude Unida dos Países de lingua Portuguesa que reuniu a mozos/as de diversas nacionalidades para debater sobre a proxección e a utilidade do galego no marco internacional.

O evento, incluído no Fondo TeCe Redes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, tivo lugar o sábado 15 de outubro no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura. Pretendeu mostrar o territorio da lusofonía coma un espazo de oportunidades para a mocidade a nivel laboral, formativo, artístico e cultural ao tempo que presentaba o galego como unha ferramenta útil e atractiva coa que conectar con esta parte do mundo.

Ao mesmo tempo, editamos un vídeo resumo do encontro para que esta reflexión colectiva liderada pola mocidade puidera chegar a un público máis amplo tanto en Galicia como alén das nosas fronteiras.

Este proxecto realizouse baixo o paraugas conceptual da Lei Paz-Andrade, aprobada por unanimidade en 2014 no Parlamento Galego para afondar no uso da lingua portuguesa e nos vínculos coa lusofonía. Mais o proxecto tamén bebe da ampla tradición no pensamento histórico galego que conecta a nosa lingua internacionalmente coa lingua portuguesa. 

Trailer Conexións / Conexões