Cela Poliédrico

Por encargo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela en decembro de 2021, deseñamos, producimos e instalamos no xardín da casa natal do Nobel de literatura en Iria Flavia (Padrón) a exposición “Cela, Poliédrico”. Cun orixinal diseño expositivo composto por 8 dodecaedros metálicos de 1,5 m. de alto sobre base de formigón, a exposición descobre un Cela máis humano e descoñecido ao gran público complementando a súa faceta pública como escritor.

A exposición “Cela Poliédrico” está articulada en base aos dez seguintes apartados: A galeguidade de Cela | Cela editor | Cela académico | Cela senador | Cela e as artes plásticas | Cela coleccionista | Cela provocador | Cela actor de cine | Cela e o exilio | Recoñecimentos. Don Camilo o do Premio.