Audioguías “Sóache Galicia”

As novas tecnoloxías aplicadas ao turismo. No verán do 2008 catro localidades ofreceron a posibilidade de visitas individualizadas ao seu Itinerario historico-musical a través de Audioguías. Un MP3 en préstamo guiaba o recorrido e ilustrábao con explicacións e temas musicais. Rianxo, Celanova, Mondoñedo e Pontevedra foron as pioneiras.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer permanentemente o servizo de descarga gratuíta da Audioguía desde a súa web de Cultura.

“Sóache Galicia” ofrece unha sonora viaxe polas localidades, un paseo polos feitos musicais da cidade, en definitiva, unha proposta de Itinerario para a descuberta do patrimonio artístico musical.

“Sóache Galicia” ofrece unha sonora viaxe polas localidades, un paseo polos feitos musicais da cidade, en definitiva, unha proposta de Itinerario para a descuberta do patrimonio artístico musical.

Estas visitas con Audioguías están destinadas a dous públicos diferentes, aos visitantes foráneos e aos propios habitantes das localidades. As Audioguías, materialízanse nun reprodutor MP3 que o visitante utiliza xunto cun plano sinalizado dos monumentos e puntos a visitar. Intercaladas nas explicacións incorporan cancións ilustrativas que complementan as explicacións de carácter histórico e cultural.

Todo está pensado para facilitar o encontro íntimo e persoal coa historia da cidade. Todo está orientado para o coñecemento dos bens artísticos e culturais por vía da música. Estas Audioguías supoñen unha alternativa ás guías turísticas en papel na que a propia cidade se converte nun museo ao aire libre. Tan fácil como pulsar Play, escoitar as explicacións e comezar a particular visita turística.