Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados

Realizamos este proxecto para a Fundación Celso Emilio Ferreiro, encargándonos de idear as bases da convocatoria, a filosofía e a metodoloxía detrás do galardón.

O Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados, con carácter bianual, ten o obxectivo de premiar a mellor canción con música orixinal e textos dun poema de Celso Emilio Ferreiro.

Gañador do 1º Premio en 2017: Licalaterna co tema “Mensaxe dende o silenzo”.

Gañador do 1º Premio en 2018: Son Trío co tema “Un día”