Cunqueiro, a grande ilusión

Corenta anos despois da morte de Álvaro Cunqueiro, o gran fabulador, descóbrese que moitos dos oitocentos textos poéticos que fixo pasar por traducións de poetas estranxeiros, son en realidade poemas propios.

Os investigadores, tras consultaren a expertos e universidades, decatáronse de que e os poetas traducidos non existiron, os nomes son inventados e, consecuentemente, os poemas son da autoría de Cunqueiro. Unha grande ilusión cunqueiriana que cómpre investigar xa que suporá a duplicación en número da súa obra poética coñecida.

Xénero: Documental
Formato: Curtametraxe / 15:55 min
Idioma: Galego
Ano: 2021
Guión e dirección: Roberto Conde
Produción: Ouvirmos SL
Produción executiva: Xosé M. Aldea