Itinerario fotográfico Río Limia – Lima
Iniciativa a cargo do proxecto “Fronteira esquecida” e rematada en xuño de 2022 consistente na creación dunha rede de itinerarios fotográficos transfronteirizos seguindo o trascurso do Río Limia – Lima dende o seu nacemento no monte Talariño (Sarreaus) ata a súa desembocadura en Viana do Castelo (Portugal).
Intervencións realizadas:
- Identificación dos puntos de interese e creación do itinerario fotográfico.
- A súa sinalización e a instalación de 7 puntos selfie ao longo da ruta.
- Deseño de mapa – folleto informativo
- Evento fotográfico transfronteirizo: exposición de fotografías do río Limia – Lima no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense.