Ano Internacional María Casares
Desde Ouvirmos, deseñamos e coordinamos para o Concello da Coruña a celebración do 2022 Ano Internacional María Casares, producindo ademais algunhas das actividades realizadas ao longo do ano e en diferentes espazos da cidade. Entre as actividades programadas cabe destacar:
- Exposición “María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada”
- Encontro internacional “María Casares, cen anos de vida”
- Creación de cadernos didácticos para os centros de ensino
- Exposición itinerante nas bibliotecas da Coruña “María Casares: Eu son de aquí”
- Acollidas na Casa de María Casares. Refuxiados e cultura
- Encontro galego de Postcrossing
- Unha tarde con María Casares en Montparnasse. Audiovisual e coloquio
- Estrea de documentais e pezas teatrais
- Visitas teatralizadas ao Teatro Colón
No ano 2022, A Coruña celebrou o centenario do nacemento da actriz coruñesa María Casares, unha personaxe pública que tivo unha enorme trascendencia na vida social, cultural e artística na Francia do século XX.
Toda a súa vida estivo marcada pola infancia coruñesa, por ser exiliada debido ao alzamento militar do 36 e por ser filla de Santiago Casares Quiroga (presidente do Consello de Ministros da II República) e Gloria Pérez Corrales, pertencente a unha familia de cigarreiras. Ela mesma dixo que o primeiro e máis doloroso exilio foi cando deixou Coruña con oito anos para ir a Madrid.
María Casares emprende o camiño do seu “segundo exilio” con 13 anos e chega en novembro de 1936 a París, cidade na que estuda teatro e onde sempre se posicionará ao lado das vangardas artísticas e onde sempre mostrará un compromiso ético, político e social coa súa orixe, coas persoas refuxiadas e cos ideais republicanos. Foi a gran dama do teatro francés do século XX. É este ano, o 2022, o seu Ano Internacional.
Preme na imaxe para ler a memoria do Ano Internacional María Casares