Florencio Delgado Gurriarán. Letras Galegas 2022

O ano 2022 estivo dedicado ao autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. Exiliado en México tras a Guerra Civil debido ao seu compromiso político cos ideais galeguistas, converteuse nun gran dinamizador da cultura e literatura galegas dende o país mexicano cando en Galicia, debido á dictadura, era imposible.

FDG. COMPROMISO NA DISTANCIA

Exposición creada para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e que estivo en 12 concellos do país. Con textos de Héctor Cajaraville, fai un repaso pola vida e a obra do autor. Encargada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

FDG. CONEXIÓN ATLÁNTICA

Exposición interactiva para as Bibliotecas do Concello da Coruña. Fai click na imaxe para ver a exposición.

FDG. TESOURO DE LEMBRANZA

E para os centros de ensino de Galicia tamén deseñamos a exposición e os cadernos didácticos “Florencio Delgado Gurriarán. Tesouro de Lembranza”.  A exposición, formada por 10 carteis, percorre a vida do autor a través da súa propia conta de Instagram.

Preme na imaxe para ver a guía didáctica para escolares: