Coordinación Premios Culturais Deputación da Coruña 2018 e 2020

Nove premios. Dúas edicións. Máis de 1.000 obras presentadas. Máis de 140 persoas integrantes dos xurados e das comisións lectoras. 180.000 € de dotación económica. Estas son as cifras que resumen o noso traballo de coordinación e xestión dos premios e certames culturais da Deputación da Coruña para os anos 2018 e 2020ñ

Nove galardóns cos que a Deputación da Coruña recoñeceu a creación cultural en distintas modalidades como a narrativa, a poesía, a artesanía, a música ou a arte gráfica. Forman parte do elenco de premios certames de recoñecido prestixio como o Torrente Ballester ou de proxección internacional como o Jesús Núñez onde cada ano compiten un maior número de artistas de distintas nacionalidades.

As persoas premiadas nestas edicións foron:

  • XIII Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica: Wieslaw Haladaj
  • XV Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica: J. Adair García Sánchez
  • II Premio Begoña Caamaño: Implicadas no desenvolvemento / Elas tamén pintan (ex aequo)
  • IV Premio Begoña Caamaño: A Panadaría
  • XII Certame Antonio Fraguas de artesanía: Carla Canedo Martínez (tradicional) Rosa Fernández Iglesias / Mª Carmen Villalba Caramés (contemporánea)
  • XIII Certame Antonio Fraguas de artesanía: Frank Buschmann (tradicional) Rodrigo Riveiro (contemporánea)
  • XII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil: An Alfaya
  • XIV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil: Xosé A. Neira Cruz
  • XIII Premio de Banda Deseñada Castelao: Oliver Añón Lema
  • XV Premio de Banda Deseñada Castelao: Belén García-Alén González (Xeral) Andrés Magán Zamorano (LIX)
  • XIX Premio Miguel González Garcés de poesía: Eli Ríos
  • XX Premio Miguel González Garcés de poesía: Lupe Gómez / Daniel Asorey (ex aequo)
  • XXX Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá: Dolores Torrano
  • XXXII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá: Clara Escajedo
  • XXX Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega: Xabier López
  • XXXII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega: X. Ricardo Losada Vicente
  • X Concurso Fran Pérez Narf: Su Garrido Pombo
  • XII Concurso Fran Pérez Narf: Caldo
Gañadores dos Premios Culturais da Deputación da Coruña no ano 2018.