Terra de Montes | Os Gaiteiros de Soutelo | Col. A Tiracolo
- título: Terra de Montes
- autor: Juanjo Fernández
- data: 2005-11-01
- número de páxinas: 20
- formato: Disco Libro
- cliente: Concello de Forcarei
Se hai uns gaiteiros lendarios na Galiza eses son Os Gaiteiros de Soutelo de Montes (1919-1936), e moi particularmente, o seu líder, Avelino Cachafeiro.
Esta é a primeira vez que se compilan a totalidade dos seus rexistros sonoros realizados en Ourense en 1928, entre os que se atopa a primeira gravación da popular Muiñeira de Chantada.
Os Gaiteiros de Soutelo considéranse o máximo expoñente do tradicional cuarteto de gaitas, así como un referente estético e musical para as xeracións de gaiteiros posteriores.