inicio cursos mestres inscrición contacto


 
· Duncam Chisholm
· Sebastián Rubio
· Xosé Manuel Budiño




Xosé Manuel Budiño

Músico galego de orixe e universal polo seu fado, viaxeiro convencido, creador incansable, innovador por convicción, soñador de melodías imposibles. Xosé Manuel Budiño é un artista atípico: é difícil atopar alguén que desperte tanta admiración entre os seus. Inspírase nos pequenos sabores da música tradicional, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio: a música que se pode converter nun futuro, pode que non tan lonxano.

Xosé Manuel Budiño fórmase na escola de gaitas Semente Nova de Moaña e na Universidade Popular de Vigo a principios dos oitenta. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con xente do jazz, do clásico, do pop ou do flamenco e compartindo cartel e esceario con músicos coma Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie ou A Orquesta Sinfónica de Lorient.

Discografía.
Xosé Manuel Budiño ten feito até o de agora cinco discos (Paralaia, Arredor, Zume de Terra, Home, Volta) todos eles recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e con premios de renome.

Xosé Manuel Budiño traballa habitualmente con canles de distribución audivisual como a BBC do Reino Unido na composición musical de bandas sonoras.
Un dos traballos foi a composición da obra Compostela para o programa "O día do Millennium" organizado pola BBC en colaboración con máis de 300 televisións do mundo para a noite do 31 de decembro de 1999.

Xosé Manuel Budiño


















































AGADIC Xunta de Galicia