inicio cursos mestres inscrición contacto


 





Obradoiro de caixón flamenco
con Sebastián Rubio.

○ Datas: maio
║ ○ venres 27. de 17h a 21h
║ ○ sábado 28. de 10h a 14h e de 17h a 21h
○ Lugar: Fundación Illa de San Simón
○ Prezo: 50 euros
○ Prazas: 15 alumnos (seleccionados polos profesores entre os currículos recibidos)

Obxectivos Xerais.
Desenvolveremos o nivel rítmico, tipos de ritmos e compases (bulerías, tango, rumba, alegrías, tanguillos ), compases binarios e ternarios e de 5/8 e 6/8.

Obxectivos Específicos.
Adquirir coñecementos básicos do instrumento, colocación, sons, técnica e aplicar os ritmos estudados á música.

Actividades.
Aprenderemos a ler os ritmos, exercicios. Teremos audicións para poder tocar os ritmos aprendidos e poderemos diferenciar ritmos e compases.

Infraestrutura.
Os alumnos levarán os seus propios instrumentos, caixón preferentemente ou darbuka, bongos. Proporcionarei fotocopias aos alumnos de todo o que veremos neste taller: exercicios, ritmos, etc.


AGADIC Xunta de Galicia