Ouvirmos 2003 – 2023

20 anos movendo os marcos da cultura

Traballamos xunto aos nosos clientes para:

  • Idear modelos e proxectos innovadores en materia cultural e turística.
  • Optimizar o uso dos recursos e das infraestruturas culturais.
  • Mellorar a calidade e o atractivo de programacións e servizos ofertados.
  • Conceptualizar, deseñar e desenvolver a produción integral de eventos.
  • Implantar identidades corporativas e marcas culturais.

Misión

Ouvirmos somos unha consultoría cultural e mais unha editorial que aspiramos a ser recoñecidos por ofrecer á sociedade obras creativas e de calidade. Como consultoría estamos especializados na conceptualización e xestión de grandes proxectos e infraestruturas culturais.


Visión

Queremos ser unha empresa de referencia tanto na xestión e posta en valor do patrimonio como na creación de contidos. Ser recoñecidos pola excelencia do noso traballo e pola nosa ética, responsabilidade e compromiso sociais.


Valores

Galeguidade

Somos unha empresa preocupada polo desenvolvemento económico e social do noso país, somos plenamente conscientes de que formamos parte dunha rede aberta, universal e global á que non renunciamos e na que queremos participar, achegando os nosos valores e contribuíndo activamente á diversidade cultural.

Honestidade

Esiximos integridade persoal e respecto á ética profesional tanto dentro como fóra da nosa organización. A transparencia e a verdade son a base para construír unha relación de confianza coas persoas, institucións e empresas coas que colaboramos e traballamos.

Responsabilidade social

Estamos comprometidos coa realidade que nos rodea. Asumimos un código de conducta propio para contribuír á posta en valor do patrimonio, á difusión do coñecemento, ao benestar da poboación e ao desenvolvemento económico e social.

Calidade

A excelencia é a principal característica do noso traballo. O esforzo, a innovación, a profesionalidade do equipo humano, as tecnoloxías na prestación de servizos e na creación de contidos de acordo a uns estándares de máxima calidade, contribúen á excelencia.

I+D

Ouvirmos somos unha empresa volcada na investigación e o desenvolvemento de novos produtos aplicados á cultura. Aproveitamos as inmensas posibilidades dos avances tecnolóxicos de comunicación e de xestión. Aplicámolos a figuras, actos e fitos da cultura para revalorizalos e traelos ao século XXI conceptualizados en novos formatos.


Equipo

Xosé M. Aldea (director executivo) ♦ Irene Sineiro (directora de proxectos) ♦ Ismael Arias, Ana Gontad (coordinación actividades Cidade da Cultura de Galicia) ♦ Emilio López (colaborador / loxística e montaxe) ♦ María Parga (colaboradora / comunicación e marketing dixital) ♦ Roberto Conde (colaborador / xestión de proxectos, audiovisual)


Membros de

O asociacionismo é parte do noso ADN. É por iso que traballamos en rede e de xeito proactivo con varias asociacións empresariais do sector para mellorar e potenciar o desenvolvemento cultural. 

  • AGEM. Asociación Galega de Empresas Musicais
  • AGEDI. Asociación de Gestión de Derechos Intelectuales
  • PROMUSICAE. Productores de Música de España
  • IFPI. International Federation of the Phonografic Industry
  • ASPE. Associació per a la Salvaguarda del Patrimoni Enregistrat

Premios

2020 | Culturgal é seleccionado entre os tres mellores proxectos de industrias culturais e creativas do ano 2020 polo Ministerio de Cultura.

2018 | Culturgal obtén o primeiro posto como insginia cultural de Galicia. Observatorio de la cultura Fundación Contemporánea.

2014 | Premio Irmandadedo Libro á mellor obra editorial: “Cociña infantil e familiar” (Federación de Libreiros de Galicia)

2012 | Premio Xosefa Iglesias Vilarello ao mellor libro educativo: “Peixes” (Asociación Galega de Editores)

2009 | Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial: “Fotobiografías sonoras” (Asociación Galega de Editores)

2008 | Premio da Crítica de Galicia. Apartado Música: “A Tiracolo” (Fundación Premios da Crítica)

2007 | Medalla do Gaiteiro de Soutelo. Empresa (Concello de Forcarei)

2004 | Recuncho da Palleta: “2004, ano da música” (Radio Galega)


Clientes