Misión

Ouvirmos somos unha consultoría cultural e mais unha editorial que aspiramos a ser recoñecidos por ofrecer á sociedade obras creativas e de calidade. Como consultoría estamos especializados na conceptualización, deseño e xestión de proxectos culturais innovadores.


Visión

Queremos ser unha empresa de referencia tanto na xestión e posta en valor do patrimonio como na creación de contidos. Ser recoñecidos pola excelencia do noso traballo e pola nosa ética, responsabilidade e compromiso sociais.


Valores

Galeguidade.
Somos unha empresa preocupada polo desenvolvemento económico e social do noso país, somos plenamente conscientes de que formamos parte dunha rede aberta, universal e global á que non renunciamos e na que queremos participar, achegando os nosos valores e contribuíndo activamente á diversidade cultural.

Honestidade.
Esiximos integridade persoal e respecto á ética profesional tanto dentro como fóra da nosa organización. A transparencia e a verdade son a base para construír unha relación de confianza coas persoas, institucións e empresas coas que colaboramos e traballamos.

Responsabilidade social.
Estamos comprometidos coa realidade que nos rodea. Asumimos un código de conducta propio para contribuír á posta en valor do patrimonio, á difusión do coñecemento, ao benestar da poboación e ao desenvolvemento económico e social.

Calidade.
A excelencia é a principal característica do noso traballo. O esforzo, a innovación, a profesionalidade do equipo humano, as tecnoloxías na prestación de servizos e na creación de contidos de acordo a uns estándares de máxima calidade, contribúen á excelencia.

I+D
Ouvirmos somos unha empresa volcada na investigación e o desenvolvemento de novos produtos aplicados á cultura. Aproveitamos as inmensas posibilidades dos avances tecnolóxicos de comunicación e de xestión. Aplicámolos a figuras, actos e fitos da cultura para revalorizalos e traelos ao século XXI conceptualizados en novos formatos.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies