Zoar: No vento



No vento, escolma de pezas que percorren varios séculos de música galega. Unha persoal playlist, unha proposta de intencións musicais para o ouvinte que é, á vez, tamén memoria colectiva dun tempo pasado que perdura e que é porvir.

Unha visión da Galicia universal e evocadora, a través da sonoridade do quinteto de vento clásico, tan cheo de suxestións tímbricas coma de percepcións sinestésicas. Deste xeito, No vento ten o aire dos aulos do pasado pero tamén ten cores e ten paisaxes.

Dende Martín Codax a Milladoiro, dende a música popular aos grandes compositores do Rexurdimento. Velaí esta poética musical de Zoar no vento, que vai conformando, ao longo destas dezasete pezas, a banda sonora dun pobo.

EDICIÓN FÍSICA ESGOTADA

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies