En tempos que se foron é o título do segundo traballo discográfico do grupo Trasmundi. O trío galego compón a súa música, nesta ocasión, inspirándose en seres máxicos da nosa mitoloxía como o Trasno, as Lavandeiras, a Maruxaina, a Herba de Namorar, a Casa da Moura, o Paporrubio, a Dama do Castro, o Menciñeiro, a Cova da Serpe ou o Demo Coxo. Trasmundi consigue crear composicións que nos ofrecen a descrición de cada un destes seres, mergullándonos nun mundo de fantasía que perdura nas xentes do noso pobo desde hai moitos anos.
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: En tempos que se foron |
Autor: Trasmundi |
Colección Discos Selo Vir |
Data de publicación: 1 de Novembro de 2010 |
Número de páxinas: 2 |
Formato Digipack |
ISBN: ------ |
Cliente: Propia |
Referencia Ouvirmos: VR0308 |
Discos Selo Vir
Audio de Mostra:
Maruxaina_30seg