Foi pioneiro na investigación astronómica en Galicia e introdutor do estudo das estrelas dobres no Estado español. Construíu en Lalín o primeiro observatorio astronómico galego con fins científicos, e fundou o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. No seu haber conta coa descuberta de catro estrelas dobres e unha extensa produción con centos de estudos e observacións sobre cuestións astronómicas e matemáticas, e os seus libros Algoritmia, Astronomía a simple vista e Introducción a la Astronomía, referente na Universidade española durante anos. Dirixiu cinco teses doutorais e foi o primeiro en empregar o galego en Astronomía nos seus ensaios da revista Logos.
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: Ramón María Aller Ulloa |
Autor: José Ángel Docobo Durántez |
Colección Biografías |
Data de publicación: 6 de Outubro de 2014 |
Número de páxinas: 136 |
Formato Libro |
ISBN: 978-84-941053-5-7 |
Cliente: Propia |
Referencia Ouvirmos: VR1702 |
Biografías