Non é a primeira vez que o escritor Xaquín Vales utiliza as múltiples viaxes da Coral De Ruada para desenvolver as súas investigacións verbo da historia, natureza e alcance da mesma. Os seus anteriores libros e traballos publicados en diversos xornais e revistas, tocan tamén este tema, aínda que ás veces sexa soamente dun xeito circunstancial e como aclaración a outras cuestións musicais da Coral, nas que o autor, desde hai xa tempo, anda a traballar arreo. Non en balde Xaquín Vales é un apaixonado coralista e gran coñecedor desta grande institución ourensá.
Neste libro “Primeira viaxe a Andalucía do Coro de Ruada” o autor afonda de novo na historia da Coral, narrando con rigorosa minuciosidade e con gran profusión de datos a viaxe que esta fixera -no ano 1927- ás terras de Andalucía, levándolle ao pobo andaluz e de camiño aos nosos emigrantes, agrupados alí en Centros Galegos, os aires do noso himno e da nosa música popular e culta.
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: Primeira viaxe a Andalucía do Coro De Ruada |
Autor: Xaquín Vales |
Colección Localizados |
Data de publicación: 18 de Outubro de 2009 |
ISBN: 978-84-612-9120-5 |
Cliente: Coral De Ruada |
Localizados