Pratos do mundo



A colección de Cociña infantil e familiar atravesa as fronteiras e achégase á gastronomía dos outros continentes. Desde Australia até Arxentina pasando por Xapón ou Alemaña, “Pratos do mundo” descúbrenos algunhas das comidas máis populares destes e moitos outros países. Vinte receitas explicadas paso a paso de pratos como a musaka búlgara, o bacalhau à Brás de Portugal ou as arepas venezolanas, ademais de sorpresas doces como a torta Selva Negra (Alemaña), o tiramisú (Italia) ou os panqueques con doce de leite (Arxentina). O libro vai ademais acompañado de múltiples consellos e recomendacións así como dun artigo que nos convida a facer unha viaxe ao redor do mundo a través da cociña dos cinco continentes.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies