O primeiro método de Pito Galego. Unha obra que contribúe a mostrar as posibilidades musicais deste instrumento e facilita a súa aprendizaxe, empregando unha metodoloxía progresiva e baseada no noso repertorio tradicional.
O método de pito galego nace para prevalecer no tempo e servir de guía ás xeracións futuras, garantindo a supervivencia do pito e contribuíndo ao asentamento do seu ensino, fixando a traxectoria histórica evolutiva, e da técnica do instrumento.
- – Orixe e evolución do instrumento.
- – Estudo dos distintos pitos acompañado de fotografías ilustrativas.
- – Máis de 200 exercicios progresivos de técnica, articulación, afinación, respiración…
- – Máis de 50 melodías tradicionais ordenadas por grao de dificultade.
- – Obradoiro para construír o teu propio pito de cana e moito máis.
Este libro compleméntase coa versión web do proxecto, www.pitogalego.gal, un espazo que inclúe máis de 250 gravacións de audio e que pretende seguir vivo en intercambio cos lectores.
Pincha aquí para ver a Moisés Quintas tocando un pito pastoril galego construído por Basilio Carril.
Desde o esforzo e dedicación por mostrar e aprenderlles aos máis novos a súa importancia e a súa versatilidade musical, chega este método didáctico, escrito con fluidez e achegado á sensibilidade do amor polo noso, cun obxectivo claro, en canto á contribución e asentamento da base do ensino da traxectoria histórica evolutiva e da técnica do pito pastoril.
Antón Corral
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: PITO GALEGO. Método práctico |
Autor: Moisés Quintas Suárez |
Colección Libros Ouvirmos |
Data de publicación: 1 de Outubro de 2015 |
Número de páxinas: 108 |
Formato Libro |
ISBN: 978-84-944008-1-0 |
Referencia Ouvirmos: VR1306 |
Libros Ouvirmos
Audio de Mostra:
Tradicional