A muller sinfonía (Cancioneiro vital)



A muller sinfonía é un cancioneiro vital cheo de amores, clamores e viaxes nos que o erotismo, a memoria civil e a diversidade se presentan sempre con música de fondo.

Dende a tradición galega aos máis variados cantos do mundo, os poemas deste libro conectan coas cancións que puxeron son á vida e á obra do autor e en xeral a toda a contemporaneidade.

Ensaísta sobre Brassens e aquí tradutor de Vysotski, Ferré e Cohen, o poeta escribe tamén en sintonía con cantautores como Theodorakis, Yupanqui, Vinícius, Stivell ou Dylan, así como coas voces femia de Makeba, Mercouri, Parra, Kalsoum, Simone, Baez, Joplin, Smith, Hagen…

Trátase de poesía experimental e experimentada en vivo e marcada con paixón interartística pola música celta, polo blues e polo jazz, máis sen esquecer a internacional sensibilidade sentimental e sensorial propiciada polo folk, polo rock ou polas músicas latinas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies