A Fotobiografía Sonora de Manuel María é unha forma innovadora de aproximarse á literatura. Máis dun cento de fotografías, coas que se achega un poema e un breve estudo por década, introdúcennos no universo literario e persoal do poeta da Terra Chá, Manuel María.
No primeiro CD, Poemas, podemos gozar da voz do autor recitando os seus textos. O CD 2, Músicas, ofrécenos unha selección das cancións compostas cos seus poemas e interpretadas por Fuxan Os Ventos, A Quenlla, María Manuela, Suso Vaamonde, O Carro, Na Virada…
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: Manuel María |
Autor: Xan Fraga Rodríguez, Mónica Rodríguez Vázquez, Carlos Díaz Martínez, Xurxo Souto |
Colección Fotobiografías sonoras |
Data de publicación: 1 de Xaneiro de 2005 |
Número de páxinas: 186 |
Formato Libro tapa dura + 2CD |
ISBN: 84-609-7168-6 |
Cliente: Propia |
Referencia Ouvirmos: VR1201 |
Fotobiografías sonoras
Audio de Mostra:
A_nosa_nobre_fala_ten