Esta obra achéganos ao mundo máis persoal de Lois Pereiro, o poeta da contracultura, a través das máis de 100 fotografías inéditas do seu álbum familiar. Unha sucesión de escenas dunha vida a contracorrente, narrada polo seu irmán, o xornalista Xosé Manuel Pereiro a través de catro etapas vitais: O Incio, Monforte, Madrid, A Coruña.
O libro –con prólogo de Manuel Rivas- inclúe dous CD’s. O primeiro recolle a voz do propio autor nunha entrevista radiofónica concedida a Ana Romaní poucos meses antes da súa morte. Lino Braxe é o encargado de comentar este documento sonoro no artigo titulado “Perdido nas selvas de Indonesia”. O segundo CD inclúe unha selección dos seus poemas musicados por Manu Clavijo, Alexandro González, Fanny+Alexander, Nación Reixa e Radio Océano. Xurxo Souto asina o comentario de cada unha das cancións así como o artigo “A calma tensa”, no que analiza a relación de Lois coa música.
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: Lois Pereiro |
Autor: Xosé Manuel Pereiro, Lino Braxe, Xurxo Souto |
Colección Fotobiografías sonoras |
Data de publicación: 1 de Novembro de 2010 |
Número de páxinas: 174 |
Formato Libro tapa dura + 2CD |
ISBN: 978-84-938276-1-8 |
Cliente: Editorial |
Referencia Ouvirmos: VR1205 |
Fotobiografías sonoras
Audio de Mostra:
Narcisismo