Cántigas de alén



José Ángel Valente publicou o seu primeiro poemario en galego no ano 1981 baixo o título de Sete cántigas de alén (Ediciós do Castro). Tras estes versos, naceron outras composicións en galego escritas durante os anos oitenta e noventa, que foron reunidas en edicións progresivamente ampliadas co título de Cántigas de alén en 1987, 1989 e 1996.

A obra que agora publica Ouvirmos contén o ciclo completo de Cántigas de alén, incluíndo por primeira vez o poema “Na mar de Vigo” e a dedicatoria aos emigrantes de A Nosa Galiza de Xenebra no poema “Sub nocte”. Unha recompilación, con edición a cargo de Claudio Rodríguez Fer, que por primeira vez reúne toda a obra poética en galego de José Ángel Valente.

ÍNDICE
Valente, poeta universal en galego
por Claudio Rodríguez Fer

Cántigas de alén [I]
I. Amarelece acedo o tempo
II. Anceio
III. Escoita, mai, voltei
IV. O verbo
V. Cerquei, cercache,
VI. Acorda no serán
VII. Esmorecen os soños,

Cántigas de alén [II]
Sub nocte
Asedio
Dicer de tódalas augas
Homaxe
Nenia
Figura
De amigo
Rosalía

Cántigas de alén [III]
Paxaro de prata morta
Máscaras
Romaxe
Cobiza do lonxe
Cántiga do eterno inretorno
Na mar de Vigo

 

“Cántigas de alén” en La Voz de Galicia

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies