O libro que o lector ten nas súas mans pode dicirse, sen temor a equivocarnos que non é ‘outra’ Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizais por moitos anos, será ‘a’ Historia da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, descubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical.
Pilar Alén
Esta obra formada por un libro e dous CD’s ofrece unha revisión actualizada da Historia da Música en Galicia desde unha perspectiva pedagóxica. O lector ten a posibilidade de se achegar cronoloxicamente á música feita en Galicia desde a prehistoria até os nosos días a través de:
- 440 páxinas
- 27 cadros e esquemas explicativos
- Máis de 150 fotografías
- 2 CD’s
- 27 temas musicais, dous deles inéditos
- Máis de dúas horas de música
A autora avoga por un enfoque de reconstrución histórica obxectiva a través de seis capítulos con apoio visual e didáctico.
O libro contén ademais 2 CD’s que acompañan o lector no seu percorrido sonoro pola historia. Un total de 27 temas musicais, entre os que se atopan dous inéditos: unha gravación de Andrés Gaos ao piano e unha peza da Real Filharmonía de Galicia.
Ver BOOKTRAILER da obra.
Galería de fotografías realizada por Rebeca Ces, deseñadora da publicación.
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: Historia da Música en Galicia |
Autor: Lorena López Cobas |
Colección Libros Ouvirmos |
Data de publicación: 15 de Abril de 2013 |
Número de discos: 2 |
Número de páxinas: 4 |
Formato Libro tapa dura + 2CD |
ISBN: 978-84-941053-0-2 |
Cliente: Editorial |
Referencia Ouvirmos: VR1304 |
Libros Ouvirmos
Audio de Mostra:
Pastoral_(Jesus_Bal_y_Gay)