García-Picos. Obra completa para quinteto de vento



«Ti has chegar moi lonxe rapaz», con esas palabras a un home novo, alentaba o mesmo Castelao ao noso protagonista, betanceiro emigrado e retornado, Carlos López García-Picos.
García-Picos é unha escolla das páxinas para ventos do compositor, coma un retrato no aire da figura de Carlos, debuxado, perfilado coa enerxía do vento, do vento dun quinteto que tiña desde hai tempo
a ilusión e, dalgún xeito, a obriga de contar, aínda que dunha faragulla da obra de Picos nada máis se trate, o que Carlos nos reservou a todos: unhas marabillosas obras para quinteto, cuarteto e trío de vento.
Atendendo a que estas obras foron escritas desde 1954 até 1991, son un ollar ao pasado, á historia máis recente, case resumo dun pobo, como un corte limpo que verte a vida musical destes anos, cribados por un home de aquí e de alá, que ía e que viña, querido e respectado onde queira que fose. Velaí Zoar con esta escolma das obras de Carlos López García-Picos para ventos, sete pezas, coma sete pasos dun paseo de corenta anos.

Tracklist

Serenata A. 13
1. Allegretto
Invención A. 63
2. Allegretto
Preludio, Zarabanda e Fuga, A. 15
3. Allegretto
4. Lento
5. Allegro
Scherzo, A. 17
6. Allegro-Andante-Allegro
Preludio e Tema con variacións, A. 20
7. Preludio
8. Tema
9. 1ª Variación Lo stesso tempo
10. 2ª Variación Lo stesso tempo
11. 3ª Variación
12. 4ª Variación Lo stesso tempo
13. 5ª Variación
14. 6ª Variación Assai meno
15. 7ª Variación, Vals Allegretto
16. 8ª Variación, Gavotta
17. 9ª Variación
18. 10ª Variación
19. 11ª Variación Poco meno
20. Finale Allegro marcato-Piú mosso
Canto do arrieiro, A. 24
21. Lento
22. Rondó caprichoso, A. 50

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies