García-Picos. Obra completa para quinteto de vento. GUIÓNS e PARTES



Guións e Partes son os cadernos de partituras que complementan o álbum musical editado por Ouvirmos coa obra completa para ventos de Carlos García-Picos, interpretada polo quinteto Zoar.

Esta primeira edición da obra completa para ventos do compositor betanceiro Carlos López García-Picos pretende ser unha ferramenta para achegar máis facilmente a súa obra tanto a intérpretes como ao público, ofrecendo unha edición dixitalizada do manuscrito así como achegando as partes para cada un dos instrumentos.

As fontes sobre as que se fixo esta edición proveñen do Arquivo Municipal de Betanzos e son os manuscritos dos guións das 7 pezas que se inclúen.

Os diferentes procesos de edición foron asumidos polos membros de Zoar: Joan Ibáñez, David Villa, Antonio Suárez, Benjamín Iglesias e Álex Salgueiro de xeito compartido.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies