Federico García Lorca


Fotobiografía Sonora de Lorca

A Fotobiografía Sonora de Federico García Lorca embárcanos nunha aventura apaixonante a través das instantáneas que recollen momentos clave da súa intensa vida. En total, preto de 200 fotografías, xunto á súa familia e amigos como Dalí, Buñuel ou Falla, que nos descubren o universo máis íntimo do poeta. Como paisaxe de fondo, Granada, Madrid, New York, La Habana, Buenos Aires… e como guía persoal da viaxe: o propio Lorca. As súas palabras, poemas e cartas, acompañando o álbum fotográfico, converten o lector en espectador privilexiado dos máis destacados episodios da vida do poeta.

A Fotobiografía vai acompañada ademais de dous discos. O CD1, Canciones populares, presenta as intepretacións de dez cancións populares antigas, que Lorca fixo ao piano acompañado da voz da cantante e bailaora, Encarnación López Júlvez, máis coñecida como La Argentinita. Estas gravacións constitúen ademais o único documento sonoro que conservamos na actualidade dol granadino. O CD2, Poemas musicados, ofrécenos unha selección de cancións inspiradas polos versos de Lorca. Todas elas creadas por grandes artistas como Enrique Morente, Compay Segundo, Camarón ou Carlos Cano e acompañadas polo comentario musical de José Miguel López, veterano periodista e director do programa Discópolis de Radio 3.

Galería de imaxes:

Dossier Fotobiografía Sonora de Federico García Lorca


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies