Cinepoemas é un proxecto interartístico vangardista que ensambla texto e fotograma nunha fusión creativa tan vital como orixinal.
Un paseo poético pola historia do cine dende Charlot a Woody Allen.
Unha revisión dos mitos da sétima arte dende Frankenstein a Marilyn Monroe.
Unha evocación das obras mestras da arte máis contemporánea dende o cine mudo ao cine de autor.
Unha reflexión ao tempo emotiva e crítica sobre a educación sentimental da sociedade actual.
Claudio Rodríguez Fer, poeta e prosista de abondosa e variada obra traducida a máis de trinta idiomas, decantou en Cinepoemas a súa integral paixón polo cine universal, sen esquecer o galego, en harmonía experimental coa deseñadora Cristina Fiaño.
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: Cinepoemas |
Autor: Claudio Rodríguez Fer |
Colección Localizados |
Data de publicación: 14 de Febreiro de 2016 |
Número de páxinas: 132 |
Formato Libro |
ISBN: 978-84-944008-0-3 |
Referencia Ouvirmos: VR1305 |
Localizados