Nenos e nenas poden aspirar a converterse nos auténticos chefs da casa. Con este libro eles mesmos poderán preparar os seus propios pratos a base de hamburguesas, nuggets, flamenquíns ou faixiñas. Vinte receitas deliciosas, imaxinativas e explicadas paso a paso por mestres da cociña, que non deixarán indiferente a ninguén da familia. Xunto ás receitas, consellos e un artigo para aprender máis sobre os distintos tipos de carne, a ‘tenreira galega’ e as nosas razas autóctonas, entre outros temas.
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: Carnes |
Autor: VV.AA. |
Colección Cociña infantil e familiar |
Data de publicación: 21 de Novembro de 2013 |
Número de páxinas: 56 |
Formato Libro |
ISBN: 978-84-941053-1-9 |
Cliente: Propia |
Cociña infantil e familiar