Este libro narra a historia de Carmen Arias, unha rapaciña de Sarria que emigrou con tan só 16 anos á Arxentina. Alí cruzaríase na súa vida o home que se convertería nunha das principais iconas do século XX en todo o mundo: Ernesto “Che” Guevara. A crianza do neno Ernesto foille confiada a Carmen Arias de tal xeito que poderiamos dicir que se converteu na “nai galega do Che”. Foi tan grande e especial a relación de Carmen co mítico revolucionario, que cando tivo ao seu fillo Alfredo Gavela, este foi apadriñado polo propio Ernesto e cando cursou a carreira de Medicina en Bos Aires, ía estudar á casa da sarriana. Por todo isto é clara a súa relación e influencia sobre o Che. Até onde influíu na formación, educación e carácter do Che Guevara, é algo que este libro e posteriores traballos contribuirán a esclarecer e poñer en valor como mérito desta galega emigrada.
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: Carmen Arias. A nai galega do Che |
Autor: Mónica Lázaro Jodar e Lois Pérez Leira |
Colección Localizados |
Data de publicación: 2 de Abril de 2008 |
Número de páxinas: 72 |
Formato Libro tapa branda |
ISBN: 8437004660343 |
Cliente: Propia |
VER TODA A COLECCIÓN
Localizados
Localizados