Cos Bonecos para recortar de Ouvirmos serás violinista, gaiteiro, guitarrista… ou baterista. Poderás tocar o bombo, o tamboril, o saxofón… ou os teclados.
Son dous bonecos e dúas bonecas de cartón, cos seus traxes e complementos, cos que se pode formar un cuarteto de gaitas, un grupo de pop-rock, un cuarteto de corda ou unha pequena banda de música.
Os bonecos preséntanse en dous estoxos independentes: Eles e Elas. Cada un dos estoxos contén dous bonecos e dúas bonecas (respectivamente) con 4 instrumentos e traxes para cada unha das figuras (8 en total por estoxo).
Troca os instrumentos e a vestimenta e séntete parte da banda.
Recomendados para menores de 18 anos ou para quen nunca quixo deixar de ser crianza.
Capa
FICHA TÉCNICA
Título: Bonecos e Bonecas para recortar |
Autor: Ouvirmos |
Colección Produtos Infantís |
Data de publicación: 1 de Novembro de 2007 |
Número de páxinas: 2 |
Formato Recortables |
ISBN: ------ |
Cliente: Propia |
Referencia Ouvirmos: VR4001-VR4002 |
Produtos Infantís