Banda Batallón Mérida de Ourense



Concerto na Alameda. 1929 é o álbum que recupera as primeiras gravacións realizadas por unha banda de música en Galicia. O privilexio correspóndelle á Banda Batallón Mérida de Ourense, protagonista absoluta desta recompilación que se converte ademais no primeiro álbum que Ouvirmos edita exclusivamente en formato dixital.

Os rexistros sonoros que recolle este disco foron realizados no ano 1929, cando a Banda estaba formada por 25 músicos dirixidos polo mestre Félix Molina, e a casa Regal comercializounos ao prezo de oito pesetas da época, equivalente a cinco céntimos dun euro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies