Avilés de Taramancos



É un novidoso volume (libro+2CD’s) que nos aproxima a unha das voces líricas máis importantes da nosa literatura, a través de máis de cen fotografías do seu álbum familiar, reproducións das portadas das súas obras e ilustracións creadas polo propio Avilés. Ademais, poderemos desfrutar da súa voz e dos seus poemas musicados nos dous CD’s que acompañan o libro.

O seu fillo Luís Avilés Baquero é o encargado de introducir a selección de fotografías comentadas por Martín Veiga, quen achega un breve estudo de cada unha das seis etapas vitais nas que está estruturada a obra. Acompañan a escolma fotográfica dous CD’s. Un deles, analizado por Ana Romaní, recolle a voz do autor recitando os seus textos. O outro ofrece unha selección dos poemas de Avilés musicados por Rodrigo Romaní, quen ademais documenta e guía a escoita deste último CD.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies