Catálogo / Itinerarios histórico musicais
Este proxecto fai accesíbel o patrimonio artístico musical de 14 localidades galegas para os visitantes locais e foráneos. Un equipo multidisciplinar deseña, conceptualiza e documenta un recorrido por cada vila e cidade, resultando unha colección de publicacións de libro-CD onde se propón unha viaxe sonora polas vilas, un paseo polos feitos musicais das cidades, e unha proposta de Itinerario para a descuberta do patrimonio. Este proxecto forma parte do plan de I+D da Consellería de Industria da Xunta de Galicia.
Publicacións da Colección

Tui
18 puntos que artellan unha viaxe pola historia musical tudense
Monforte de Lemos
Percorre Monforte, do monte de San Vicente até o Pazo de Antero
Lugo
Descubrirás a música desde o Imperio Romano até a actualidade
Ourense
Un fío musical desde os trovadores medievais até o Coro de Ruada
Vigo
Achégate a Vigo coa lírica de Martim Codax e as polcas do Derby
Rianxo
A intrahistoria da Rianxeira e a relación de Castelao coa música
Pontevedra
A vida musical pontevedresa desde a Idade Media até a actualidade
Celanova
A primeira muller gaiteira coñecida e un idioma propio de músicos