Catálogo / Cociña infantil e familiar

Atreveríaste a converter un ovo nun cogomelo? Unha pera  nun rato? Ou facer unha hamburguesa con pan de berenxena? Ouvirmos axúdate. Todas estas propostas divertidas e innovadoras forman parte de “Bocadillos e Sándwiches” e “Sobremesas”, o primeiro e segundo volume da nosa nova colección editorial dedicada á cociña infantil e familiar.

A colección estará composta por 10 libros de receitas que ensinan a preparar pratos fáciles e creativos, específicamente concebidos para experimentar en familia. Ademais dos dous libros xa editados, Cociña Infantil e Familiar completarase con outros oito volumes dedicados a: Pastas e pizzas, Menús para festas, Arroces, Peixes, Carnes, Chocolates, Pratos do mundo, Xeados.

Cada volume inclúe 20 receitas realizadas con ingredientes básicos,explicadas paso a paso dunha forma sinxela polos profesores titulados de Hostalería Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, e acompañadas das fotografía de Tono Arias. Ademais, consellos prácticos, trucos específicos para cada receita e recomendacións para desenvolver con éxito a aventura de adentrarse na cociña.

Oferta Colección Cociña Infantil e Familiar – 15% de desconto

9 exemplares por só 117 euros (o libro “Sobremesas” está esgotado)





Publicacións da Colección

Xeados

Transforma en creacións sorprendentes os teus xeados favoritos

Pratos do mundo

A volta ao planeta en vinte receitas

Chocolates

Aprende a cociñar os doces máis fáciles e ricos con chocolate!

Carnes

Elabora as túas propias hamburguesas, nuggets ou faixiñas

Peixes

Cociña os produtos do mar como nunca antes imaxinaras

Arroces

Receitas doces e salgadas para pequenos mestres arroceiros

Menús para festas

As mellores ideas para triunfar sempre ante os teus convidados

Pastas e Pizzas

Reinventamos a cociña italiana para sorprender a toda a familia

Sobremesas

Opcións doces e divertidas como o flan de regaliz ao microondas

Bocadillos e Sándwiches

Vinte orixinais receitas para que os nenos metan as mans na masa

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies