Catálogo / A Tiracolo

A colección de gravacións históricas A Tiracolo ten como obxectivo a recuperación, restauración sonora e dixitalización das grandes obras editadas da música galega con anterioridade ao ano 1954.

A colección está formada por 15 obras, en formato exclusivo de Disco-libro, con traducións ao español, inglés e francés. Grazas a esta colección, a sociedade dispón do son orixinal de todos os intérpretes, como de Manuel Quiroga ou dos gaiteiros de Soutelo; así como da primeira gravación do himno ou do primeiro disco galego.

Con este proxecto recibimos no ano 2008 o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Música pola “novidade da formulación editorial desde o punto de vista discográfico, a posta en valor da historia musical galega e a recuperación do patrimonio musical”.

Oferta Colección A Tiracolo – 50% de desconto

11 exemplares dispoñibles por só 50 euros:  Aires da Terra, Coro De Ruada, Cantigas e Agarimos, Os Montes de Lugo, Los Monfortinos, Manuel Dopazo, Manuel Quiroga & Marta Leman Vol. I e Vol. II, Sociedad Coral Polifónica, Os Dezas de Moneixas, Hermanos Moreira.

Cántigas da Terra, edición física esgotada, dispoñible só en formato dixital.

Coro Toxos e Froles, edición física esgotada, dispoñible só en formato dixital.

Banda Batallón Mérida de Ourense, dispoñible só en formato dixital.

Os Gaiteiros de Souteloedición física esgotada, dispoñible só en formato dixital.

Publicacións da Colección

Banda Batallón Mérida de Ourense

As primeiras gravacións dunha banda en Galicia

Hermanos Moreira

A música dos primeiros galegos en gravar pezas con acordeón

Os Dezas de Moneixas

Un documento que nos descobre unhas fitas enviadas a Caracas

Sociedad Coral Polifónica

Unha xanela aberta a Europa no coralismo galego dos anos vinte

Coro Toxos e Froles

Esta obra recolle a primeira gravación íntegra do Himno Galego

Manuel Quiroga & Marta Leman. Vol II

Un diálogo interno excepcional entre o violinista e a súa muller

Manuel Quiroga & Marta Leman. Vol I

O neno prodixio Manuel Quiroga foi escoitado en Europa e América

Manuel Dopazo

Recuperación das gravacións do máis grande gaiteiro de América

Los Monfortinos

Recompilación íntegra das gravacións da agrupación de charanga

Os Gaiteiros de Soutelo

A primeira vez que se compilan todos os rexistros sonoros de 1928

Os Montes de Lugo

Gravacións inéditas de ensaios e concursos realizadas nos anos 70

Cantigas e Agarimos

Primeira gravación do maior éxito da música galega, a Rianxeira

Coro De Ruada

Históricas gravacións do Coro para a casa Regal en 1929

Cántigas da Terra

Escoita restaurados os discos de gramófono do ano 1921

Aires da Terra. 1904

As 18 melodías das primeiras gravacións galegas da historia

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies