Por encargo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, deseñamos, producimos e instalamos no xardín da casa natal do Nobel de literatura en Iria Flavia (Padrón) a exposición “Cela, Poliédrico”. Cun orixinal diseño expositivo composto por 8 dodecaedros metálicos de 1,5 m. de alto sobre base de formigón, a exposición descobre un Cela máis humano e descoñecido ao gran público complementando a súa faceta pública como escritor.
Cela Poliédrico
- Gabinete de prensa
- 15 de Decembro de 2022
- Exposicións