Exposición itinerante para exteriores realizada para a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e comisariada por Arantxa Estévez. A instalación, formada por 10 paneis que rodean unha estrela, permite a libre circulación ao tempo que crea unha obra efémera de caracter escultórico. Nela percórrense de xeito cronolóxico os anos de vida da actriz galega: dende a súa infancia na Coruña, o exilio a Francia, a súa relaciaón con Albert Camus e o éxito tanto no cinema coma no teatro.