Culturgal 2021: volveu pasar!

Volveu a Feira, volveu a xente a ateigar o recinto feiral de Pontevedra para gozar da Culturgal. A organización da Feira manifestou a súa satisfacción polo decorrer do evento durantes os días 26, 27 e 28 de novembro no que participaron nove mil persoas. Culturgal 2021 despedíase cunha xornada na que o público familiar volveu ser protagonista dunha oferta de sete espectáculos e diversos obradoiros especialmente pensados para os máis novos. Pero ademais, cinema, presentacións de proxectos para 2022 como a xira teatral de “Fariña” e moitas autoras e autores encontrándose cos seus lectores na Feira. O prato forte do día, o fin de xira de Tanxugueiras, encheu de público novo o Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra coas entradas vendidas desde hai semanas.

Culturgal celebrouse en 2021 co lema “A cultura que toca” e estivo organizada pola asociación do mesmo nome da que forman parte Escena Galega, Agapi, Asociación Galega de Editoras, AGEM e Eganet. Recentemente, o pasado 11 de novembro, a Culturgal fora seleccionada pola Dirección General de Industrias Culturales, Propiedade Intelectual y Cooperación -dependiente del Ministerio de Cultura- como un dos tres proxectos gañadores na liña de axdas á Acción e Patrimonio Cultural.

Neste 2021 tamén se estreou a Cultural TV, emitindo dende a feira e con contidos exclusivamente culturais durante a fin de semana a través da canle de youtube de Culturgal, Nós Televisión e a web da CRTVG. Esta foi a grella de programación.

Imaxe destacada: © Culturgal

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies