A Poesía do Retrato recompila unha colección de textos poéticos de Xela Arias xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90. A colección de imaxes que forman parte desta exposición comisariada por Xosé Enrique Acuña permítennos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada en 2021 nas Letras Galegas. Unha serie de fotografías que retratan a poeta Xela posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil, no seu período vital dos 26 aos 40 anos. Imaxes cargadas de poesía, onde a mirada penetrante de Xela nos observa de fronte e con honestidade.
Coa fin de adaptarnos aos distintos espazos e necesidades dos nosos clientes, creamos tres formatos diferentes para esta exposición:
- Para o Concello de Santiago (exposición interior, con macromarcos de madeira)
- Para a Vicepresidencia da Deputación de Lugo (exposición exterior formada por 10 macromarcos de aceiro sobre base de formigón. Con 6 itinerancias por toda a provincia de Lugo.
- Para a Universidade de Vigo (exposición exterior formada por 6 estruturas metálicas que percorreu os tres campus da universidade)